Os outros catros piares da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxica céntranse nas seguintes temáticas: arte rupestre, megalitismo, cultura castrexa e mundo romano.
A unidade de arqueoloxía subacuática que se creará no Museo de Mar, en Vigo, constituirá o quinto piar da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico (RGPA).A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, informou hoxe no Parlamento que esta instalación completará os outros catro parques arqueolóxicos que forman a Rede e que están especializados en cadansúa área temática: arte rupestre, megalitismo, cultura castrexa e mundo romano.Para albergar o centro de arqueoloxía subacuática construirase un novo edificio anexo ás instalacións actuais do Museo do Mar. Coa nova instalación, ademais de contar con persoal e equipos técnicos especializados na realización de traballos de investigación de xacementos subacuáticos, o Museo do Mar encargarase de coordinar as actividades de investigación e protección do patrimonio cultural submerxido que se realicen en toda Galiza.
Inventario de peciosDesde hai un ano, a Xunta está a realizar un dobre traballo para ter fichas individualizadas de cada un dos xacementos que se agochan nas augas. Por unha banda, un traballo en arquivos, mediante a busca de información bibliográfica ao respecto, depurando e contrastando as referencias de pecios existentes.Por outra, estanse a levar a cabo inmersións subacuáticas para completar, corrixir e actualizar os datos existentes. Neste sentido, neste ano investiranse máis de 125.000 euros na realización de prospeccións subacuáticas, fundamentalmente na Ría de Vigo e no Parque das Illas Atlánticas.A realización deste inventario requerirá máis un ano de traballos. Isto permitirá determinar con precisión a súa localización e tomar medidas para garantir a súa protección. Xunto a este inventario, Cultura está a avaliar a mellora da lexislación que rexe sobre os pecios, para adaptala ademais a outra normativa específica tanto patrimonial como marítima.
Previstos 2.5 millóns de euros para o Parque do MegalitismoA Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico conta con outros catro parques: o especializado en arte rupestre, en Campo Lameiro (Pontevedra); o da cultura castrexa, en San Cibrao de Las (Ourense); o do mundo romano, en Lugo; e o do megalitismo, na Costa da Morte.Para 2009 estarán en funcionamento os parques de Campo Lameiro e de San Cibrao de Las. A Consellaría investirá na realización completa dos centros de interpretación de cada un destes parques uns 5,3 millóns de euros. Está previsto que esta semana se adxudiquen obras no centro de Campo Lameiro por valor de 2.754.000 euros.En canto ao do megalitismo, o departamento que dirixe Ánxela Bugallo xa conta cunha previsión de investimento de 2.5 millóns de euros para edificar o centro de interpretación.Cada parque conta cun centro de interpretación especializado na súa respectiva área temática e ligado a un xacemento arqueolóxico de relevancia que permita realizar unha visita para ver a realidade dos restos. Os centros de interpretación albergarán exposicións divulgativas, restos arqueolóxicos e contarán con materiais e espazos para a realización de labores de investigación.
Lugares de referenciaO obxectivo final da Rede é mellorar a conservación dos xacementos galegos, afondar na súa investigación e contribuír ao seu coñecemento por parte de toda a sociedade. Cada un dos parques funcionará como lugar "de referencia" nas súas respectivas áreas temáticas pero a Rede estará aberta a outros xacementos, museos, coleccións visitables e centros similares.
Cámaras megalíticasBugallo adiantou tamén diversas iniciativas que está a desenvolver a Consellaría para mellorar a conservación e protección da riqueza arqueolóxica galega. Así, a Dirección Xeral de Patrimonio realizará este ano un programa específico relacionado coas cámaras megalíticas: análise do seu estado e correcta sinalización para facilitar o seu coñecemento. Tamén avaliará a posibilidade de adquirir para a titularidade pública certas mámoas co obxectivo de poñelas en valor garantindo a súa preservación.Así mesmo, comenzaranse os trámites para declarar Bens de Interese Cultural (BIC), a máxima categoría de protección cultural, o conxunto das cámaras megalíticas de Galiza. Actualmente só figuran con esta clasificación os dolmes de Axeitos e de Dombate. Coa declaración de BIC increméntase o grao de protección que ofrece a lexislación sobre os bens, reducindo os riscos de ataques.
Arqueoloxía urbanaOutra das vías de traballo da Consellaría para conservar os xacementos arqueolóxicos e facer posible a súa difusión entre toda a cidadanía é a musealización dos restos ubicados en zonas urbanas. Son os casos da musealización de parte da industria de salgazón de orixe romana atopados en Vigo e nas que a Consellaría inviste arredor de 1.7 millóns de euros.Outros exemplos de posta en valor e creación de instalacións para facer visitables os xacementos arqueolóxicos urbanos sitúanse en Lugo, coa denominada Casa dos Mosaicos, o centro de San Roque e o Vicerreitorado. Todos eles son xacementos de orixe romana.
Tomado de:
http://www.xornal.es/article.php3?sid=20070626105550
No hay comentarios:
Publicar un comentario